Saturday 18 de May de 2024

Os concellos de Mos e a Pobra do Caramiñal pasarán ao nivel alto de restricións o vindeiro luns


Os restantes municipios galegos ficarán cos mesmos niveis de restricións actuais

A Dirección Xeral de Saúde Publica vén de acordar descender ao nivel alto de restricións aos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal.

Así, tras avaliar a situación epidemiolóxica dos dous únicos concellos galegos nos que rexían as medidas do nivel máximo de restricións, e corroborar que a evolución de ambos cumpría cos criterios fixados polo comité clínico para baixar de nivel, o departamento sanitario galego decidiu que, desde o vindeiro luns, ambos municipios pasen a formar parte da listaxe de concellos en nivel alto.

Os restantes municipios galegos ficarán cos mesmos niveis de restrición actuais.

Esta medida entrará en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 7 de xuño.